O Juan Cardona reforza o servizo de diálese para os pacientes desprazados no verán

La Voz FERROL / LA VOZ

FERROL CIDADE

CESAR TOIMIL

O hospital do barrio ferrolán de Caranza conta con 27 postos de hemodiálisis

12 jul 2023 . Actualizado ás 23:03 h.

O Hospital Ribeira Juan Cardona de Caranza reforzou o seu servizo de diálese co obxectivo de dar resposta durante os meses de verán aos pacientes que se desprazan á zona de Ferrol por vacacións. «Desta forma garántese que os pacientes doutras áreas de saúde, comunidades ou países que se atopan nun programa de hemodiálisis crónica poden continuar o seu tratamento durante o seu período vacacional nesta zona de Galicia», apuntan desde o grupo Ribeira Saúde.

Só na comunidade galega, a enfermidade renal crónica (ERC) afecta a máis de 4.000 persoas, todos elas pacientes que precisan de diáleses ou dun transplante para substituír a función dos seus riles, segundo a Sociedade Española de Nefrología (SEN).

O hospital Ribeira Juan Cardona conta con 27 postos de hemodiálisis, «unha infraestrutura que o converte nun dos centros de referencia para o tratamento de pacientes con problemas de ril na provincia da Coruña».