Rafael López Loureiro presenta o seu libro sobre Martín Sarmiento en Cedeira e Ortigueira

LA VOZ CEDEIRA

CEDEIRA

ANGEL MANSO

Este venres estará no auditorio cedeirés e o sábado, no teatro ortigueirense

15 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O cedeirense Rafael López Loureiro presenta o libro «Martín Sarmiento. O primeiro naturalista» este venres, ás 19.30 horas, no auditorio municipal de Cedeira, con apoio de Alicia Freire.

E mañá sábado, ás 12.30, no Teatro de Beneficencia, en Ortigueira, falará deste traballo acompañado por Álvaro F. Polo. López Loureiro é investigador e divulgador da obra de Martín Sarmiento, ademais de ser o creador do blog de natureza Ao noroeste do Noroeste.

«Este libro é unha demostración de abraio polo labor de Martín Sarmiento, un home único e irrepetible, traballador infatigable, imaxinativo, un inxenuo proxectista de utopías. Un buscador de verdades, natural do Reino de Galicia, da Boa Vila, Pontevedra; un doutor en teoloxía, un urbanita ilustrado, galeguista e naturalista», segundo se recolle na propia obra..