Máis de 2.000 tapas vendidas no concurso cedeirense que gañou O Mesón

LA VOZ CEDEIRA

CEDEIRA

Marta Cheda López foi a afortunada coa cea para dúas persoas no local vencedor

06 may 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

A pescada en salsa de peixe sapo que elaborou O Mesón foi a receita máis votada no primeiro concurso de tapas organizado polo Concello de Cedeira, coincidindo coa Festa dá Pescada de Volante. E Marta Cheda López foi a clienta seleccionada, entre todas as persoas que participaron, e que gozará dunha cea para dúas persoas, por valor de 100 euros, no establecemento vencedor. O alcalde, Pablo Moreda, e a edila de Cultura, Mª Xosé Rodríguez, resaltaron a boa acollida do certame e a calidade das tapas (vendéronse máis de dous miles a 1,5 euros).