0003_202405F9C2995

O BNG presenta 40 emendas aos orzamentos municipais de Ferrol

La Voz FERROL

FERROL

JOSE PARDO

Pide a contratación de 24 traballadores para incrementar o persoal e unha reorientación da política económica da cidade, ademais de distintas actuacións

09 may 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O BNG presentou corenta emendas aos orzamentos municipais deste ano, aprobados xa de forma inicial. O portavoz nacionalista, Iván Rivas, asegurou que as súas propostas buscan «reorientar a política económica da cidade, facéndoa máis equitativa e xusta coa veciñanza de Ferrol».

A formación propón a contratación de 24 traballadores para a administración e a supresión dos postos de persoal directivo. Tamén a redución dos ingresos por multas e, entre outras cuestións, incluír fondos para o estudo e a posta en valor dos restos arqueolóxicos de San Francisco, a rehabilitación do mercado de Recimil, a da casa de Carvalho Calero ou un estudo para a instalación dun corredor mecánico, que combine ramplas e escaleira, para comunicar A Magdalena con Canido.