Once ofertas á mellora do firme de tres estradas da zona por 1,5 millóns

La Voz FERROL / LA VOZ

FERROL

CÉSAR TOIMIL

As actuacións levarán a cabo en tramos da AC-110, ao seu paso polos concellos de Cerdido, Moeche e As Somozas; AC-564, no tramo que discorre pola Capela e As Pontes; e na AC-566, no seu percorrido polos municipios de Valdoviño e Cedeira

02 abr 2024 . Actualizado ás 17:43 h.

A Xunta recibiu once ofertas de empresas para executar as obras de mellora do firma en tres estradas autonómicas ao seu paso por sete concellos de Ferrolterra. En concreto, estas actuacións suporán no seu conxunto un investimento de preto de 1,5 millóns de euros e levarán a cabo en tramos de la AC-110, ao seu paso polos concellos de Cerdido, Moeche e As Somozas; AC-564, no tramo que discorre pola Capela e As Pontes; e na AC-566, no seu percorrido polos municipios de Valdoviño e Cedeira. O obxectivo autonómico é iniciar os traballos en xuño para que estean acometidos este ano. Segundo explican desde a consellería de Infraestruturas e Mobilidade, o obxectivo destes traballos será a rehabilitación do firme mediante o fresado e reposición da capa de rodaxe, coa finalidade de mellorar as condicións de circulación nestes tramos. Completarase co repintado das marcas viarias.

Ademais, o proxecto ten en conta os tramos nos que se detecta un maior número de accesos a vivendas, aparcadoiros e beirarrúas, nos que a rasante da estrada xa se atopa elevada por anteriores actuacións. Nestes casos executaranse fresados localizados de cinco centímetros a carril completo. E onde se haxan gretas do pavimento executarase a aplicación dun produto de selado.