O BNG critica que o Concello de Ferrol deixou sen gastar sete millóns de euros en 2023

La Voz FERROL

FERROL

A formación reprocha a «baixa execución» da liquidación orzamentaria do exercicio

22 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O grupo municipal do BNG criticou os datos que reflicte a liquidación orzamentaria do exercicio do 2023, cun 66,6 % de execución total e un 32,8 % do gasto previsto en investimentos. A formación lamentou a «baixa execución» do orzamento e reprochou que o Concello deixou sen gastar 7,62 millóns de euros, e que ten un superávit de máis de dous. E pregúntase «como é posíbel cando hai tantas necesidades sen cubrir». O documento levou onte a unha comisión extraordinaria e irá a pleno o luns.