Remo Revolución e os colexios de Cerdido, Ortigueira, Moeche e As Somozas, con Voz Natura

LA VOZ CEDEIRA

FERROL

CEDIDA

Participan no proxecto Vixiantes do Chan, coa toma de mostras e a súa análise

20 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O colectivo de Cedeira Remo Revolución, en colaboración cos colexios de Cerdido , Moeche, Ortigueira e As Somozas, foi seleccionado por Voz Natura para participar na iniciativa Vixiantes do Chan, un proxecto da Fundación Ibercivis e o Centro de Investigación e Tecnoloxía Agroalimentaria de Aragón, que chega a Galicia da man de Voz Natura e a Asociación Umbella. Fai xa un par de semanas que empezaron a repartir as bolsas co material necesario para levalo a cabo nestes centros educativos.

A través de campañas de «ciencia cidadá», os participantes teñen que recoller mostras de chans da súa contorna, «que analizarán para coñecer o seu estado de saúde». Os resultados obtidos en cada zona servirán para elaborar un mapa nacional da saúde dos chans. Ao longo do curso escolar desenvólvense dúas campañas de recollida e análise das distintas mostras solicitadas.

Os estudantes (de Primaria e Secundaria de centros educativos de todo o territorio español) recibiron un kit para a recollida e a análise. Os resultados poderán ser aloxados e geoposicionados a través dunha aplicación móbil, «que contribuirá a crear o mapa de calidade dos chans».