O BNG pide o dique para converter a Navantia nun complexo integral

La Voz FERROL / LA VOZ

FERROL

José Pardo

O deputado Néstor Rego presenta varias iniciativas no Congreso

07 mares 2024 . Actualizado ás 04:46 h.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou iniciativas na Cámara Baixa para «coñecer os plans do Goberno do Estado sobre o proxecto de construción dun novo dique para reparacións en Navantia Ferrol» e apostou por converter ao estaleiro «nun complexo industrial integral». Tras o anuncio no Senado por parte da ministra de Facenda, María Jesús Montero, de que o Executivo promoverá esta nova infraestrutura, o parlamentario valorou que este «proxecto ten que servir para avanzar» na modernización da planta.

Nas súas iniciativas, a formación pide «máis información sobre o proxecto e as características do dique, así como o investimento que prevé o Goberno e o calendario que contempla». Rego insistiu en que para garantir o futuro de Navantia é preciso modernizar as súas instalacións.