Denuncian que os condutores do transporte urbano apenas fan descansos

La Voz FERROL / LA VOZ

FERROL

JOSE PARDO

As obras na cidade están a afectar ao colectivo

24 feb 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O responsable de Transporte no sindicato CIG, Xesús Pastoriza, denunciou que as obras que se están realizando en Ferrol impiden que os condutores do transporte urbano realicen descansos e que, deste xeito, están a conducir oito horas seguidas. Engadiu, ademais, que Alsa comete unha serie de incumprimentos de convenio. E é que hai traballadores subrogados da antiga compaña Tranvías de Ferrol que teñen un convenio de empresa e outra parte do persoal está polo provincial. Os primeiros, segundo Pastoriza, cobran salarios do ano 2020.

O comité de empresa de Alsa convocou unha asemblea de traballadores que decidiu denunciar a situación publicamente e non se descartan mobilizacións.

Na actualidade, o persoal total de Alsa en Ferrol atópase por baixo dos 80 traballadores.