Ruta belenista das parroquias do Ortegal

La Voz FERROL / LA VOZ

FERROL

Xaime Ramallal

Os participantes visitarán o monumental nacemento da catedral de Mondoñedo e tamén o belén electrónico de Begonte

27 dic 2023 . Actualizado ás 23:32 h.

O Arciprestado do Ortegal levará a cabo este venres unha excursión que permitirá, aos fieis das parroquias orteganas, coñecer dúas dos máis espectaculares belenes de Galicia: o electrónico de Begonte e o monumental nacemento da catedral de Mondoñedo . O prezo da viaxe en autobús (comida no seminario incluída) é de dez euros para os adultos e de cinco euros para os nenos.