O presidente de IEN por Europa, Manuel Pérez, incorpórase á xunta directiva da CEG

La Voz FERROL / LA VOZ

FERROL

cedida

A organización fenesa está integrada na confederación provincial

12 dic 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

Manuel Pérez Pérez, presidente da asociación Iniciativa Empresarial do Noroeste (IEN) por Europa, integrouse na xunta directiva da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), dirixida por Juan Manuel Vieites. O responsable da entidade, con sede en Fene, xa formaba parte da dirección da confederación a nivel provincial e tamén estaba nos plenos da CEG, pero desde hai uns días tamén está dentro da xunta a nivel autonómico, segundo explicou o propio Pérez.

IEN por Europa é das poucas organizacións empresariais da comarca que non forma parte da Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (Cofer). No seu lugar, está integrada dentro da patronal a nivel provincial, dirixida por Antonio Fontenla.