Xan Xove aposta por «unha Coruña saudable, con acceso equitativo ao deporte»

A Coruña LA VOZ

ELECCIÓNS 28M

cedida

O candidato da Marea Atlántica aposta por «a alimentación de calidade e os espazos verdes»

20 may 2023 . Actualizado ás 19:33 h.

O cabeza de lista da Marea Atlántica e candidato á alcaldía da Coruña, Xan Xove, apostou este sábado por Visitou «facer da Coruña unha cidade máis saudable, garantindo un acceso máis equitativo ao deporte, a alimentación de calidade e aos espazos verdes en todos os barrios». o mercado de Elviña acompañado polo exalcalde Xulio Ferreiro e celebrou despois un acto aberto no parque de Vioño, con programación musical e actividades infantís, xunto con outros membros da súa candidatura.

«Desde o goberno local, porei en marcha medidas para que a veciñanza teña un acceso máis doado a alternativas saudables, comezando pola creación de lugares para a práctica deportiva á marxe da competición regulamentada, habilitando equipamentos nos parques, pero tamén en espazos urbanos sen uso, coma os locais comerciais que podemos recuperar co programa Mover os Baixos», explicou Xove.

Outra forma de gañar espazos deportivos será «recuperando o plan de Patios Abertos, que xa puxera en marcha Xulio Ferreiro en colaboración cos centros escolares, permitindo que a veciñanza faga uso das instalacións fóra do horario lectivo».

Tamén se comprometeu a dedicar «a maior parte do orzamento de Deportes ao deporte de base, deporte social e de integración, tras un mandato centrado nos grandes eventos sen retorno real na cidade, e a renovar a programación das escolas deportivas municipais con actividades para xente moza que poidan practicarse na rúa: running, calistenia, skate, ciclismo… Cada euro investido en fomentar o deporte é saude, supón mellorar a vida da xente, e aforrar en tratamentos na sanidade pública», sinalou Xove.

Ademais, «tal e como figura no noso programa electoral, desde a Marea Atlántica poremos en marcha un plan director de instalacións deportivas para coidar as que xa existen, moi deterioradas tras anos sen mantemento axeitado, e para construír as que sexan necesarias segundo as necesidades do deporte coruñés. Procurando sempre coordinación coa área metropolitana».