Xan Xove, da Marea da Coruña, celebrou unha sesión vermú na Gaiteira antes do seu encontro en Palavea

La Voz A Coruña / LA VOZ

ELECCIÓNS 28M

Xan Xove participó en un vermú en A Gaiteira
Xan Xove participou nun vermú na Gaiteira MARCOS MÍGUEZ

O candidato á alcaldía por a Marea quere recuperar a antiga capela de Oza para actividades socioculturais e unha nova liña de bus no barrio periférico

14 may 2023 . Actualizado ás 15:07 h.

Xan Xove, candidato á alcaldía da Coruña pola Marea comezou a xornada deste domingo participando na carreira Runki, acompalado por Bea González ove comezou a xornada participando na carreira Runki, a carreira superheróica pola inclusión na que lembrou o seu compromiso de incrementar a reserva de emprego público para as persoas con diversidade funcional. Tras a proba, Xove asistiu a unha sesión vermú na Gaiteira, onde estivo acompañado polo exalcalde Xulio Ferreiro. 

Nese barrio, o cabeza de lista da formación, trasladou aos veciños a súa intención de  recuperar a antiga capela de Oza para realizar actividades socioculturais. «Para iso, desde o goberno local, reclamarémoslle ao Estado a cesión da capela e, tras rehabilitala, porémola a disposición da veciñanza coma un novo equipamento público», indicou.

Xove continuará a súa xornada de domingo cun encontro cos veciños de Palavea que terá lugar no centro cívico. Estará acompañado por dous integrantes da súa candidatura e activistas veciñais «de longo percorrido no barrio», Victoria Mejuto, auxiliar de enfermería, e Alfonso Mascuñana, profesor de filosofía xubilado.

Para Palavea «o quilómetro cero da Coruña», Xove proporá recuperar o proxecto da senda fluvial no río Quintas, a instalación de unha nova estación de BiciCoruña e unha nova ruta de bus ademais de desenvolver «todas as accións que sexan precisas para mellorar a mobilidade peonil e a seguridade vial».