A Xunta desautoriza dous parques eólicos proxectados nas provincias de Ourense e A Coruña

Beatriz García Couce
Beatriz Couce REDACCIÓN

ECONOMÍA

Un parque eólico de Greenalia
Un parque eólico de Greenalia cedida

As promotoras non obtiveran a luz verde ambiental

25 mares 2024 . Actualizado ás 16:08 h.

A Consellería de Economía arquivou os expedientes dos parques eólicos Vaqueira -promovido por Greenalia- e Tramontana -de PE Tramontana 4W- tras non ter obtido a autorización ambiental pertinente do Goberno central. Ambas as negativas foron publicadas este luns no Diario Oficial de Galicia (DOG).

O Tramontana, con 72,8 megawatts, estaba deseñado para os municipios de Baltar, Cualedro e Xinzo de Limia (Ourense), mentres que o de Vaqueira, para Outes, con 12,6 megawatts.

Tras desautorizar os mencionados parques, o Goberno galego tamén ordenou a devolución das garantías que depositaran as empresas promotoras.