Ata 60.000 vehículos de Volkswagen fabricados do 2007 ao 2009 poderían ter un fallo no airbag

Andrés Vázquez Martínez
Andrés Vázquez REDACCIÓN / LA VOZ

ECONOMÍA

REUTERS

A OCU (Organización de Consumidores e Usuarios) recomenda revisar canto antes o mecanismo para reparalo, de ser necesario

28 oct 2022 . Actualizado ás 16:17 h.

Os modelos Polo, Passat, Crafter e Fox que teñan sido fabricados por Volkswagen entre o 2007 e o 2009 poderían ter un problema de desgaste inusual no seu airbag. Concretamente no inflador, que pode deteriorarse co paso dos anos liberando fragmentos durante o proceso de inchado, segundo informou o Sistema de alerta rápida de produtos perigosos non alimentarios (RAPEX), dependente da Unión Europea.

Os vehículos afectados por este problema poderían acadar os 60.000, todos os que leven un sistema fabricado pola marca Takata, que montaba estes modelos. A OCU (Organización de Consumidores e Usuarios) recomenda preguntar ao servizo de atención ao cliente da marca se o seu vehículo está entre os afectados, especialmente se se adquiriu de segunda man, xa que probablemente non estará nas bases de datos da marca.

Non é a primeira vez que Volkswagen sofre problemas deste tipo nos últimos tempos. En setembro do 2019 a marca chamou a revisión a uns 227.000 coches de Volkswagen e Porsche por un defecto electrónico relacionado cos airbags, pero só tres meses despois, en decembro, volveu a requactivar as chamadas porque os airbags dalgún dos seus modelos activábanse por erro. En decembro do 2020 a empresa alemá chamou aos propietarios dos mesmos vehículos afectados hoxe por fallos nos xeradores de gas, que permitían entrar humidade ao globo do sistema, e que foron fabricados tamén por Takata .