Os funcionarios do Estado recuperarán en abril o 50 % da extra

La Voz

ECONOMÍA

José Pardo

Así llo comunicou Facenda aos sindicatos

19 abr 2016 . Actualizado ás 13:22 h.

Os funcionarios da Administración Xeral do Estado e do Ministerio de Xustiza recuperarán na nómina de abril o 50 % da paga extraordinaria que quedaba pendente de cobrar desde que fose suprimida en Nadal de 2012, informaron hoxe a Efe fontes de CSIF.

O sindicato, que recibiu a información da dirección xeral de Función Pública, expresou a súa satisfacción pola medida, aínda que esixiu que se estenda aos empregados públicos de todas as comunidades autónomas e dos concellos que seguen sen cobrar esta paga, eliminada dentro dos recortes que acometeu o Goberno en plena crise.

CSI-F lembra que a recuperación desta cantidade supón o cumprimento dun compromiso e responde á intensificación das súas xestións ante o Ministerio de Facenda en favor dos empregados públicos.