Arrincou o curso de pesca con mosca en Lalín

La Voz

LALÍN

miguel souto

18 feb 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

A sede da Sociedade de Caza e Pesca de Lalín, no campo de tiro de Lalín de Arriba, foi escenario onte pola tarde da primeira xornada dun curso de pesca con mosca, aberto a persoas de todas as idades. Manuel Gil é o encargado de dirixir esa escola organizada polo colectivo de caza e pesca que prolongará as súas clases durante os seguintes sábados ata o inicio da tempada de caza o 19 de marzo. Todo empeza cos ensinos encamiñados á elaboración de moscas que arrincaron onte e que serán utilizadas despois como anzol nos ríos Asneiro e Arnego. foto Miguel Souto