O Enredando Tour Amtega fará hoxe parada en Forcarei

La Voz

FORCAREI

27 may 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Enredando Tour Amtega 2025 fará parada hoxe en Forcarei para desenvolver talleres cuxo principal obxectivo é reducir a fenda dixital e proporcionar ferramentas para o uso das tecnoloxías ás persoas maiores de 55 anos. Para promover a capacitación dixital cóntase cunha furgoneta equipada con todos os dispositivos necesarios e montarase na Praza dá Igrexa de 10.00 a 13.30 horas.