Un centenar de familias reclaman pediatra en Cerdedo polo menos un día por semana

La Voz A Estrada / LA VOZ

CERDEDO

23 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O DOG publicou estes días o nomeamento de sete pediatras para a área de Pontevedra-O Salnés. Unha das prazas será compartida entre os concellos de Cerdedo-Cotobade, A Lama e Ponte Caldelas. Desde a plataforma Cerdedo pola Sanidade Pública consideran que este nomeamento non é máis que un parche e unha desconsideración para os preto de cen nenos cerdedenses que levan anos sen pediatra en Cerdedo e tendo que desprazarse 20 quilómetros a Forcarei ou Cotobade, onde hai servizo dous días á semana. Reclaman unha consulta en Cerdedo polo menos un día á semana para poder programar visitas e superar a precaria situación actual.