Unha septuaxenaria resulta ferida nunha colisión no centro urbano estradense

La Voz A Estrada / LA VOZ

A Estrada

21 may 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

Unha muller resultou ferida de consideración nun accidente de tráfico rexistrado no centro urbano da Estrada este sábado pola mañá.

O sinistro tivo lugar ás 12.22 horas nas rúa T, unha pequena rúa sen saída que parte do tramo final da rúa Antón Losada Diéguez, xusto antes do cruzamento coa primeira travesía da Avenida de Pontevedra.

Un Peugeot 407 que circulaba pola zona chocou cun Dacia Sandero. A consecuencia do choque, a condutora do Dacia resultou ferida e tivo que ser trasladada ao hospital A Rosaleda de Santiago. O condutor do Peugeot saíu ileso do accidente.

No lugar prestaron asistencia a Policía Local da Estrada e o persoal médico e de urxencias do 061.