O Estradense quere deixar case resolta a permanencia cunha vitoria contra o Viveiro

La Voz A Estrada / LA VOZ

DEZA

miguel souto

21 abr 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O Estradense podería dar un paso de xigante para obter a permanencia se consegue vencer este domingo (12.00 horas) ao Viveiro en Cantarrana. O equipo adestrado por David Páez ocupa a décima posición con cinco puntos de marxe sobre o descenso e quince en xogo. Se gaña ao Viveiro, que está tres gradues por baixo e a dous puntos de distancia, tería moitas opcións de resolver a salvación a próxima xornada.

Ademais, un triunfo a domicilio permitiría ter a gol average a favor cos da Mariña, un elemento que podería ser clave nun final apertado. Na Estrada empataron a dous. Para encarrilar pronto a permanencia tamén deben darse outros resultados como unha derrota do Paiosaco, que é quen marca agora o descenso. Os coruñeses mídense ao Arzúa, xa descendido.

Romper unha mala serie

O Estradense chega a este encontro con dúas derrotas consecutivas ante o Somozas e o Arteixo. Dous partidos que con outro resultado permitirían soñar con pelexar a fase de ascenso, pero os esforzos foron infrutuosos. Agora queda selar o premio gordo da salvación.