José María Barreiro abrirá o ciclo de charlas «Conversas con arte» o día 9

j. b. A Estrada / LA VOZ

DEZA

Agostiño Iglesias

07 abr 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

A Deputación porá en marcha a partir da próxima semana o ciclo de charlas bautizado Conversas con arte. O pintor forcaricense, José María Barreiro, abrirá esta iniciativa o día 9 de abril, con introdución previa á súa obra a cargo do crítico e comisario Antón Castro. A cita será ás 19.00 horas no salón de plenos do Pazo Provincial en Pontevedra. Unha charla con Barreiro que coincide no tempo coa exposición que está aberta coas súas creacións no Gaiás.

Este ciclo busca difundir as diferentes manifestacións artísticas xurdidas na provincia, así como os creadores vinculados a diferentes movementos nados en Pontevedra ou vinculados con ela. Barreiro atesoura unha dilatada e exitosa carreira artística.