O CD Lalín derrota ao Victoria e recorta tres puntos cos postos de ascenso

La Voz LALÍN / LA VOZ

DEZA

cedida

25 mares 2024 . Actualizado ás 19:26 h.

Xornada perfecta para o Club Deportivo Lalín, que ademais de gañar a súa partida fronte ao Victoria , viu como os dous primeiros clasificados deixáronse puntos polo camiño. O máis importante foi o seu triunfo no Cortizo por 3-0 contra o equipo coruñés. Tres puntos que se fraguaron nun segundo tempo onde melloraron as súas prestacións. No 68 Brais abriu o marcador para os roxinegros, anotando o segundo na súa conta particular no 80. Redondeou a vitoria Pablo cun tanto nas postrimerías do encontro.

Con este gran resultado os homes de Toño González achéganse moito ao seu principal obxectivo, a permanencia, pero tamén se aproximan á segunda posición. Con respecto ao descenso, están a 19 puntos con 21 en xogo. Se conseguen gañar o domingo ao Noia certificarían a permanencia, algo que mesmo podería suceder cun empate ou unha derrota.

Cos deberes feitos non quedaría máis remedio que mirar arriba. Noia e Boiro parecen inaccesibles, pero esta fin de semana picaron ambos. O Noia está moi lonxe, a trece puntos, que poderían ser dez se os derrotan no Julio Mato. Máis preto está o Boiro, que leva dúas derrotas consecutivas. O CD Lalín recortoulle seis puntos nestas dúas semanas, os últimos tres tras perder en casa contra o As Pontes (0-1). Unha inesperada derrota ante un rival en postos de descensos que coloca aos roxinegros a sete puntos do ascenso a Terceira.

Primeira Galicia

Na Primeira Autonómica o SP Estrada sumou un valioso punto na súa visita ao Praíña (2-2). O gol de Fon no 86 puxo as táboas no marcador e coloca ao equipo estradense a tres da permanencia. Pola súa banda, o Agolada perdeu 1-2 contra o Valiño. O gol de Alexandre Villaravid non foi suficiente para evitar a derrota e quedar a sete do descenso. Finalmente, a SD Cruces perdeu 3-0 contra o Unión.