O teatro Principal da Estrada acolle esta noite a estrea de «Go home»

La Voz

DEZA

21 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O teatro Principal da Estrada acollerá hoxe ás 20.30 horas (7 euros) a estrea do espectáculo Go home, protagonizado polos artistas David Amor e Josito Porto. É unha comedia negra construída sobre un texto de José Prieto con tinguiduras de crítica social que trata a masificación do turismo como unha dialéctica na que os beneficios económicos se confrontan coa perda da identidade.