O CD Lalín abre as encontros dos oitavos de final da Copa Deputación de Pontevedra

La Voz LALÍN / LA VOZ

DEZA

20 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Esta semana Santa as comarcas terán varias racións de fútbol. Será nos oitavos de final da Copa Deputación de Pontevedra - Rías Baixas. En liza quedan cinco equipos, dos que catro coñeceron os seus horarios para pelexar o pase aos cuartos de final da competición rexional.

O primeiro en xogar será o Club Deportivo Lalín, que se medirá o martes 26 de marzo ao Campañó a partir das 21.00 horas. O partido será no campo de Agüeiros. A seguinte eliminatoria disputaraa a Escola de Fútbol base Terra de Montes de Forcarei. Será o mércores 27 ás 21.30 horas contra o Villalonga. O conxunto do Salnés é o gran favorito para levar o torneo, sendo líder destacado do grupo Sur de Preferente.

O xoves 28 dispútanse outros dúas cruces. O Vexa recibirá en San Martiño ao Céltiga (17.00 horas). O rival, da Illa de Arousa, é o segundo da Preferente Sur. Aínda sen confirmar horario, o Sport Team A Estrada medirase á Ponte Arnelas a domicilio. Para rematar, o Laro recibirá en casa ao San Adrián o mércores 3 de abril (21.00).