A Deputación xestionará no primeiro pagamento de taxas locais 3,8 millóns de euros

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

DEZA

16 feb 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

A Deputación de Pontevedra confirmou onte a posta en marca da campaña de recadación de taxas municipais e prezos públicos do primeiro trimestre do ano. Ata o 5 de abril, incluído, poderá realizarse este pagamento de xeito voluntario, xestionándose a recadación neste primeiro prazo de algo máis de 3,8 millóns de euros, que se corresponden a un total de 117.645 recibos, procedentes dos impostos dos concellos de provincia que ten delegada a xestión tributaria e de recadación no ORAL.

Na actualidade son unha trintena os concellos pontevedreses que delegaron estas competencias no ORAL provincial, con sete da zona: A Cañiza, A Estrada, Agolada, Arbo, As Neves, Barro, Caldas de Reis, Cambados, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Crecente, Cuntis, Dozón, Lalín, Meis, Moaña, Mondariz, O Porriño, O Rosal, Pazos de Borbén, Portas, Poio, Ponteareas, Rodeiro, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tui, Valga e Vilanova de Arousa.

Desde a Deputación precisaron que, nestes tres primeiros meses, poderán abonarse as taxas municipais correspondentes a .. «postos de prazas de abastos, de entradas de vehículos, de recollida do lixo, do auga ou dos caleiros, entre outros»

Formas de pagamento

En ambos os casos, o pagamento destas cantidades poderá realizarse a través de diferentes medios habilitados pola propia institución provincial. Así, «os contribuíntes poderán facer o ingreso a través da Oficina Virtual Tributaria (OVT) da Deputación de Pontevedra-ORAL (www.ovt.depo.gal), a través da aplicación móbil de pagamentos da Deputación (dispoñible para iOS e Android) e tamén a través das canles das entidades bancarias colaboradoras».

Doutra banda, no caso das taxas municipais, dátaa de cargo dos recibos domiciliados será o 1 de marzo.

De igual modo, insistiron en que, «malia que xa non é necesaria cita previa para acudir ao ORAL, as persoas que busquen planificar a súa asistencia nas oficinas e evitar esperas innecesarias poden solicitala a través da web, a OVT, a sede electrónica ou nos teléfonos 886 211 420 ou 886 211 400».