Arquivan o proxecto do parque eólico de Cabanelas polo seu impacto ambiental

La Voz A Estrada / LA VOZ

DEZA

16 feb 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O Diario Oficial de Galicia publicou este xoves un extracto da resolución da Dirección Xeral de Planificación Enerxética da Consellería de Economía, Industria e Innovación mediante a que se arquiva o expediente do parque eólico de Cabanelas. O parque arquívase tras a declaración de impacto ambiental desfavorable emitida pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sustentabilidade e Cambio Climático. Así mesmo, cancélase unha garantía económica de 360.000 euros que depositara a empresa promotora, Greenalia Wind Power Cabanelas, para tramitar a solicitude de acceso e de conexión á rede de transporte da enerxía.

O parque estaba proxectado entre os municipios da Estrada, Forcarei e Cerdedo-Cotobade.