Dzine estrea hoxe en Silleda «A cova», co lalinense Xoel Fernández

lalín / a voz

SILLEDA

17 oct 2014 . Actualizado ás 05:00 h.

O cineclub Dzine estrea hoxe ás 22.30 horas na Cultura de Silleda A cova, un filme de aventuras, terror, producida por Filmax Internacional e Morena Films. Os seus protagonistas son o actor lalinense Xoel Fernández (Pecas), Marcos Ortiz, Marta Castellote, Eva García-Vacas e Jorge Páez. A entrada non ten custo e a organización deixa en mans dos espectadores a súa achega ao pase, que dura 80 minutos. A cova conta a historia de cinco novos mochileiros que chegan a unha illa paradisíaca e acaban perdidos nunha cova profunda e laberíntica onde teñen que sobrevivir. O sábado, no cine de Fontao, Dzine proxecta ás 19.30 o curto de Román Gutiérrez Lúa de cancro.