Alejandro Valverde sumar ao pelotón do Gran Fondo Ézaro

La Voz CARBALLO / LA VOZ

DEPORTES

Marcial Guillén

O campión do mundo enfrontarase ao «muro» desta afamada proba

24 abr 2024 . Actualizado ás 20:04 h.

«¡Este ano si!». Así anunciaba a organización da proba ciclista Gran Fondo Ézaro que o campión do mundo Alejandro Valverde sumarase ao pelotón o próximo 7 de xullo. O Bala xa fora confirmado para a pasada edición, pero por unha urxencia familiar, non puido acudir finalmente.

A cita dumbriesa engrandecerá, así, a súa xa destacado palmarés. Deportistas afeccionados poderán compartir aventura ao lado dun dos corredores máis recoñecidos.