Super Bowl 2013: Un partido como escusa para todo

DEPORTES

03 feb 2013 . Actualizado ás 18:09 h.

A Super Bowl é algo máis que un partido. Aínda que sexa a final da NFL. É o exemplo máis puro do concepto estadounidense de deporte como espectáculo. É unha mera escusa para gozar do show ou unha reunión de amigos. Nunha sociedade tan dada a potenciar as tradicións como a anglosaxoa, se o Día de Acción de Grazas é o día da familia, a Super Bowl é o dos amigos. En Galicia intentamos vivila do modo máis próximo posible. O resurgimiento do fútbol americano en España, en afeccionados e practicantes, contribúe a iso. A esta cita para ver o partido únense outras persoas que nada teñen que ver con este deporte, ou que mesmo nin o seguen. A Super Bowl é para eles un espectáculo máis como pode ser a noite da entrega dos Óscar. Eu mesmo empecei vendo os partidos en casa, despois quedei con xente de toda Galicia para vela e aí foi cando empezamos a xogar. Agora presido unha asociación galega que acolle a media ducia de clubs. Comprender como o viven os estadounidenses axuda a gozar dunha cita na que o propio deporte é só unha parte. O resto, gastronomía típica, costumes, espectáculos paralelos e bos amigos do fútbol americano.

David Rodríguez Antuña é presidente da Asociación Galega de Fútbol Americano e presidente dos Coruña Towers