Poxan por 660.000 euros a porta do «Titanic» sobre a que se salvou Rose (e na que non houbo sitio para Jack)

La Voz

CULTURA

A peza formaba parte dun lote no que se atopaban preto de 1.600 artigos considerados auténticos tesouros de Hollywood

28 mares 2024 . Actualizado ás 18:43 h.

Pasaron xa 26 anos da estrea do Titanic e a sombra dunha dúbida aínda revolotea na cabeza dos fanáticos da oscarizada película: Cabía Jack na porta de madeira que flotaba no mar e que serviu para salvar a vida da súa amada Rose? 

Sin duda é unha das escenas máis míticas da peli na que se pode ver a un mozo Leonardo DiCaprio agarrar con forza aquela táboa mentres tiritaba co único obxectivo de manter a salvo a Kate Winslet. A agónica espera dos protagonistas do filme de James Cameron tivo un final feliz. A medias. Rose conseguiu manterse con vida grazas a aquel anaco de madeira no que permaneceu recostada ata o momento no que decidiu soltar a man do mozo do que se namorou na fatídica travesía. 

E naquela lacrimosa escena que todos temos gravada nun recuncho da memoria, houbo unha terceira protagonista: a porta que evitou que Rose morrese conxelada durante o naufraxio do colosal barco. Ese anaco de madeira vendeuse esta semana por 718.750 dólares (uns 664.000 euros) durante unha poxa organizada por Heritage Auctions

Non era o único obxecto de película poxado, pero foi o que máis diñeiro recadou. 

A porta formaba parte dun impresionante lote de 1.600 artigos entre os que se atopaba o látigo de Indiana Jones, a inesquecible machada do Resplandor, unha bóla de birlos de Kingpin  (Vaia par de idiotas) e outros tesouros de Hollywood

La famosa puerta del «Titanic» subastada por más de 660.000 euros
A famosa porta do «Titanic» poxada por máis de 660.000 euros Heritage Auctions

Segundo os organizadores da poxa, o evento, que levou a cabo en Dallas, rompeu todas as expectativas e atraeu a máis de 5.000 coleccionistas de todo o mundo.

O anaco de madeira flotante que apareceu en Titanic , foi deseñado especificamente para imitar unha das pezas que foi rescatada durante o naufraxio ocorrido en 1912.

Trátase dunha táboa que mide aproximadamente dous metros de longo e que forma parte dunha das escenas máis míticas da historia do cine. Do mesmo xeito que o accesorio orixinal, a porta que aparece na película ten un gravado de detalles florais.