0003_202404A16C6993
0003_202404A16C6993

Xurxo Neo, piloto do Campionato de España, gaña a proba do Galego de Trial de Vilagarcía

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

OZA-CESURAS

Martina Miser

A organización, a cargo do motoclub SQeM, resalta a satisfacción mostrada polo case medio centenar de pilotos congregados no monte de Rubiáns

16 abr 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

A terceira proba do calendario do Campionato Galego de Trial tivo en Xurxo Neo Suárez, piloto do Campionato de España en TR2 que este ano dará tamén o salto ao Europeo, ao gañador da categoría reina nas sete zonas preparadas o domingo polo motoclub SQeM no monte vilagarcián de Rubiáns.

O deportista impúxose en TR1 por diante de dous compañeiros do seu equipo, o Oza dos Ríos Motor Club, Miguel Romero e Ero Álvarez. Polo que respecta ao resto das categorías, estes foron os vencedores: Jorge Rodríguez, en TR2, co piloto local Carlos Miguéns segundo, Jorge Saavedra, en TR3, José Luis López (Motomontañismo Arteixo), en TR4, Marco Labayos (Oza dos Ríos Motor Club), en TR4 Infantil, Alfonso Varela (Motomontañismo Arteixo), en TR5, Bruno Montes (Motomontañismo Arteixo), en TR5 Infantil, Diego Amigo (Oza dos Ríos Motor Club), en Alevín, e José Manuel Rega (Montañismo Arteixo) en Clásicas B.

O presidente do motoclub SQeM, Alberto Miguéns, informou onte da satisfacción polo nivel da proba que lle trasladou o groso do case medio centenar de participantes. Miguéns aproveitou para dar as grazas a todos cantos colaboraron co club na organización do evento, desde a comunidade de montes e a asociación veciñal de Rubiáns á Fundación Municipal de Deportes.