Lorenzana pide «cordura» respecto ao proxecto de Altri en Palas de Rei e di que producirá menos celulosa que Ence

LA VOZ

A Coruña CIDADE

CESAR QUIAN

«Non vaiamos facer máis pobres a persoas que poderían ter unha vida moito mellor sen analizar as cousas», advertiu a conselleira de Economía

26 mares 2024 . Actualizado ás 16:11 h.

A conselleira de Economía, Industria e Innovación en funcións, María Jesús Lorenzana, dixo este martes que o proxecto de Altri para Palas de Rei debe pasar «os mecanismos que ten toda Europa: a declaración de impacto ambiental e a autorización ambiental integrada». «Unha declaración de impacto ambiental ordinaria supón máis dun ano de exames por todo tipo de técnicos por parte da Xunta: biólogos, veterinarios, enxeñeiros...», indicou a conselleira nun acto no porto exterior da Coruña.

Respecto da polémica xerada ao redor da iniciativa, a titular de Industria quixo pedir «cordura», «como dicía onte [por el lunes] Comisións Obreiras». «Cordura, diálogo, sentido común e non falar dende a superficialidade porque iso non adoita traer bos resultados», reiterou Lorenzana, quen pediu deixar traballar aos técnicos, sen prexulgar o proxecto. «Pediría a todas as organizacións e partidos políticos que están xerando este tipo de opinións que pensen se o están facendo desde o coñecemento profundo do proxecto ou simplemente por xerar esta opinión na cidadanía» subliñou. «O proxecto vai ter a tramitación ambiental correspondente e se o proxecto é medioambientalmente viable pode cambiar a vida de moitas familias nesa comarca. Non vaiamos facer máis pobres a persoas que poderían ter unha vida moito mellor por ter precaucions sen analizar as cousas. Esperemos a que se analice o proxecto e, por suposto, se non é viable non sairá», sostivo.

«Agora mesmo o que está previsto dentro da tramitación non chega nin no momento de maior desenvolvemento ao número de toneladas ao ano que ten Ence en Pontevedra. Creo que se falou de tres veces as toneladas ao ano que produce Ence. Iso non é certo», desmentiu Lorenzana, quen resaltou que a fabricación de Altri busca «completar toda a cadea de valor da industria textil dentro de Galicia». «Se convertiría na primeira biofábrica destas características en Europa. Ten moitas cousas a favor da sustentabilidade. Evidentemente, hai que analizar o impacto no entorno como en calquera proxecto destas características», concluíu.