Limpeza de uña de gato na contorna da Torre

LA VOZ A Coruña

A Coruña CIDADE

Voluntarios e colaboradores do grupo naturalista Hábitat dedicaron a mañá a retirar esta especie  invasora

24 sep 2023 . Actualizado ás 09:33 h.

Un grupo de voluntarios de Afundación e Abanca, conformado por mozos e adultos, participou onte pola mañá nunha actuación de carácter ambiental na contorna da torre de Hércules, que foi declarado recentemente Espazo Natural de Interese Local.

O obxectivo perseguido foi a eliminación neste enclave da Coruña de alto valor ecolóxico de especies botánicas exóticas invasoras, principalmente a coñecida como uña de gato, moi abundante nesta zona. A actividade estivo organizada en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat.