Pirata, un can amputado e a tratamento láser, busca casa

ABEGONDO

Foi achado sen microchip en Betanzos e con dano nunha pata

18 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

A Garda Civil de Betanzos recolleu, o pasado día 3 de marzo, a un can que deambulaba pola rotonda de Montellos. Pequeno, de pelo negro, non tiña microchip que o identificase e presentaba unha ferida causada por unha golpe nunha perna.

Desde Servigal, que asume o servizo de recollida de cans e gatos abandonados en territorio do Consorcio As Mariñas, ocupáronse do animal. Ante o seu estado, desde esta empresa puxérono en mans da veterinaria, que comprobou que non tiña mobilidade na pata dianteira esquerda, fíxolle unha placa e viu que tiña unha fractura próxima ao cúbito. Recoñecen que non houbo máis alternativa que amputarlle esa extremidade.

Debido ao seu estado e para a súa mellor recuperación optaron por usar un láser de fotobiomodulación, que acelera a cicatrización en varios tecidos, proporciona analgesia e reduce a inflamación. Servigal, que está a correr con estes gastos, búscalle agora unha casa.

Noemí Seijo, veterinaria de Do Pazo, explica que o can chegou cunha «patita colla», e que na primeira exploración descubriu que non tiña sensibilidade nesa extremidade. Déronlle medicación, pero tiveron que derivalo ao hospital para unha exploración máis completa. Precisa que a factura no húmero non explicaba os síntomas que presentaba e tiveron que intervilo, onde viron que tiña esnaquizado o nervio responsable do funcionamento da pata.

Seijo indica que descartan que a ferida teña sido por un atropelo ou o ataque doutro animal, considera que recibiu un golpe seco.

Esta veterinaria explica que o operaron o día 7 e optouse por amputar porque non se vía viable outra alternativa. «Ás veces enfádase comigo polas curas, pero pórtase moi ben», explica, recoñecendo que «é un campión» e agardan atoparlle unha casa pronto.

Pirata, que é o nome que lle puxeron, ten sobre un ano de idade e pesa uns 8 quilos. «É un amor e sempre busca a compaña da xente», explican desde Servigal sobre un can que nestes momentos se atopa nas súas instalacións en Limiñón (Abegondo) mentres se recupera. Decidiron, xa que é moi inquedo, mantelo na oficina, non levalo aos boxes para acelerar a súa recuperación.

«Témolo solto e pensamos que quedarán aínda unhas semanitas para recuperarse», precisa a veterinaria.