CONTIDO PATROCINADO
OFRECIDO POR ENCE

Minimiza o consumo de auga, non emprega madeira, e revitaliza a actividade nun chan industrial

Actualmente, atópase exposto a información pública o proxecto de Ence - Enerxía e Celulosa na localidade coruñesa das Pontes. Esta iniciativa,  unha bioplanta para a produción de fibra reciclada blanqueada e biomateriales, que inclúe ademais unha planta piloto para a produción de fibras téxtiles recuperadas, presenta características innovadoras que a converten en referente no sector:

  • ·         Economía circular: O proxecto de Ence nas Pontes alíñase perfectamente cos principios da economía circular. Trátase dunha bioplanta destinada á produción de fibra reciclada blanqueada e biomateriales, incorporando unha planta piloto para a produción de fibras téxtiles recuperadas. Deste xeito, esta planta alimentarase de papel e cartón recuperado, aos que dará unha nova vida. Esta aposta non se trata así dunha instalación para a produción de celulosa virxe, senón dunha bioplanta de reciclaxe.
  • ·         Minimización do consumo de recursos naturais: Ence aplica a este proxecto a súa visión de minimizar o consumo de recursos naturais. A bioplanta proxectada nas Pontes terá un consumo de auga máis de quince veces menor que o dunha planta de celulosa virxe, e non requirirá de madeira no seu proceso, evitando así o incremento na demanda de eucalipto na rexión e o aumento da superficie dedicada ao seu cultivo.
  • ·         Transición Xusta e revitalización Industrial: Este proxecto representa todo  un compromiso coa transición xusta e a revitalización industrial. Ao ocupar o terreo da antiga central térmica das Pontes, Ence substitúe unha actividade de xeración de enerxía fósil por unha iniciativa sostible e vinculada á xeración de enerxía renovable. Ademais, dado que se ocupa un chan industrial, non se producirá ningún tipo de afectación en hábitats naturais. Trátase dun caso análogo ao da planta de enerxía renovable do Grupo Ence en Puertollano, e ao do proxecto renovable que actualmente está a desenvolver en Ponte Nova -Córdoba-
  • ·         Protección do medio ambiente: Ence está comprometida coa protección do medio ambiente, xa desde as etapas iniciais do proxecto. A empresa levou a cabo unha exhaustiva análise do estado da biodiversidade na zona, para garantir a preservación dos ecosistemas durante a implementación e operación da bioplanta.
  • ·         Descarbonización e enerxías renovables: A bioplanta de Ence nas Pontes estará completamente libre de combustibles fósiles. Se autoabastecerá con enerxía renovable, proveniente dunha planta de cogeneración que utilizará biomasa sostible e de proximidade. Ademais, a utilización de CO2 biogénico para a produción de biocombustibles abre novas posibilidades na loita contra o cambio climático.

Desta forma, a letra «R» condensa a visión deste proxecto: Reutilización de auga; Recuperación de papel e cartón e fibras téxtiles; Recuperación de CO2 biogénico para a produción de biocombustibles; Recuperación, tamén, dun chan industrial e unha actividade produtiva; Revitalización da actividade industrial, substituíndo unha central térmica por un proxecto vinculado á transición xusta; e xeración de enerxía Renovable.

En resumo, o proxecto da bioplanta de Ence nas Pontes non só representa un avance significativo cara á economía circular e a descarbonización, senón tamén un compromiso firme co desenvolvemento sostible e o benestar de Galicia