Kravets, novidade na convocatoria do Lugo

Miguel Álvarez LUGO / LA VOZ

CDLUGO

25 mares 2017 . Actualizado ás 16:48 h.

O Lugo realizou esta mañá o último adestramento antes de viaxar a Xetafe. Á conclusión, o técnico Luis César deu a coñecer a convocatoria. A principal novidade é a inclusión de Kravets, lateral esquerdo ucraíno que chegou no mercado invernal e que aínda non entrara na lista.

Os convocados son Roberto, José Juan, Caveira, Carlos Hernández, Marcelo Djaló, Ignasi Miquel, Manu, Kravets, Seoane, Pita, Sabater, Sergio Gil, Campillo, Fede Vico, Yelko Pino , Maxi Rolón, Joselu e Caballero.

quedaron fóra os lesionados Igor Martínez, Carmona e Iriome, así como Dealbert e Perea por decisión técnica. Ademais, Leuko está convocado coa selección de Camerún.