Abre a inscrición para a Escola de Verán do Couto, en Ponteceso

La Voz CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

BASILIO BELLO

Promove a Fundación Eduardo Pondal, na que é xa a 42.º edición da iniciativa: ¡300 prazas!

26 abr 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

A Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso prepara xa a 42.ª edición da Escola de Verán, con actividades do 1 ao 30 de agosto. Ofreceranse 15 grupos que absorberán as 300 prazas habilitadas, e que, seguindo a experiencia destes anos, completarán nenos de toda a comarca. ¡Nunca tanta vida na aldea como nesta época do ano! Para inscribirse, ademais do sábado 27 de abril, o 4 de maio: de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 19.30 na sede da fundación, no Couto.