Dous alumnos do instituto Eduardo Pondal están de Erasmus en Italia

La Voz CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

Os estudantes do IES pontecesán farán prácticas nunha asociación de persoas con autismo

24 abr 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Dous alumnos do ciclo medio de atención a persoas en situación de dependencia do instituto Eduardo Pondal de Ponteceso están en Italia para realizar prácticas nunha asociación de persoas con autismo. Trátase dun programa Erasmus + e desenvólvese na provincia de Bari. Ademais, o pasado decembro 15 alumnos do ciclo dual de automoción viaxaron a Alemaña e outros tres estudantes farán prácticas en Portugal.