Piden melloras no sinal de TDT en Muxía e Cee

La Voz CARBALLO / LA VOZ

MUXÍA

Os portavoces dos respectivos grupos do BNG presentarán escritos solicitando intervir no repetidor do Seixo

03 may 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Os portavoces do BNG de Cee e Muxía presentarán senllos escritos solicitando melloras na instalación do repetidor de , O Seixoque dá sinal de televisión ás parroquias de Frixe (Muxía), A Pereiriña e Lires (Cee). Falla a miúdo, trasladan, sobre todo con mal tempo, e nin sequera pódese acceder a toda a grella de programación en condicións normais, polos que hai canles aos que estes veciños non acceden, e outros do municipio si. Aluden á importancia do servizo no rural, máxime porque hai establecementos hostaleiros e turísticos. No caso de Muxía, apunta o BNG, os problemas co sinal de TV danse tamén noutras zonas.