Un mozo de Muxía irrompe co seu BMW nas festas de Corcubión

Antonio Longueira Vidal
Toni Longueira CARBALLO / LA VOZ

MUXÍA

.

Ocorreu este sábado na céntrica Praza Castelao. Non houbo que lamentar danos persoais

27 abr 2024 . Actualizado ás 15:52 h.

Tres da tarde deste sábado na céntrica Praza Castelao de Corcubión. A xente gozaba do vermú mentres a orquestra amenizaba a sesión. De súpeto, un vehículo de cor branca accedeu ao recinto no que se celebraba as festas de San Marcos. Tirou os valos que restrinxían o acceso á festa e invadiu a praza pondo en perigo a varias persoas que gozaban da sesión vermú. No interior do turismo ían dúas persoas. Ao volante, un mozo conflitivo vinculado a Muxía. Algúns dos que gozaban da festa achegáronse ao condutor para recriminarlle a súa conduta. Segundo testemuñas do ocorrido, lonxe de acougarse, o condutor saíu do turismo e empezou a increpar, insultar e ameazar aos alí presentes, entre eles, ao alcalde da localidade, Xabier Domínguez, Drok.

Tras un intercambio de palabras e insultos, o mozo muxián volveuse subir ao deportivo, un BMW, e reemprendió a marcha, queimando roda, en dirección a Cee. Foron moitos os que identificaron o suposto infractor. K.B.L. é un mozo conflitivo relacionado, segundo as forzas de seguridade, con numerosos altercados e pelexas en festas locais. Por sorte, non houbo que lamentar danos persoais.