Oncólogos expertos en cancro de mama reúnense no Parador de Muxía

La Voz CARBALLO / LA VOZ

MUXÍA

PARADORES

Tomarán parte hoxe e mañá na terceira edición dunha reunion anual do Grupo Galego de Cancro de Mama

26 abr 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe e mañá • Inauguración ás 16.30 horas • Parador • O Grupo Galego de Cancro de Mama, coordinado por Jesús García Mata, celebra a súa terceira reunión anual e farao, hoxe e mañá, no Parador Costa da Morte, en Muxía. O encontro, cuxa inauguración está prevista para esta tarde, ás 16.30 horas, reunirá a oncólogos de todos os hospitais galegos expertos no tratamento sistémico do cancro de mama. Faranse un total de cinco mesas de traballo. «Para poder ofrecer os mellores tratamentos é imprescindible un exercicio permanente de revisión, actualización e consenso por parte dos profesionais», apuntan.

Marcadores biolóxicos, aspectos controvertidos do tratamento, guías de actuación e estudos de investigación compartidos serán algúns dos asuntos a tratar en torno ao que actualmente é o tumor maligno máis frecuente a nivel mundial, e o que causa maior mortalidade por cancro de mulleres. Diagnostícanse en España 35.300 casos anuais, en Galicia 2.265 o ano pasado. Diagnóstico precoz e tratamentos cada vez máis eficaces elevan a supervivencia, de aí a precisa formación constante.