Melloras no campo de fútbol da Arliña, Muxía, a executar este 2024

La Voz CARBALLO / LA VOZ

MUXÍA

Presentou o Concello os detalles do proxecto, acordado coa directiva do club de fútbol local

25 abr 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Anuncia o Concello de Muxía unha completa mellora do campo de fútbol da Arliña, actuación consensuada coa directiva do club. A intención é que estea lista este 2024. Novo sistema de iluminación, nova cuberta de vestiarios, mellora de instalación eléctrica en vestiarios e cantina, mobiliario no recinto e melloras nas grades serán o groso dos traballos.