«Ecdise», o primeiro disco de Arredores, xa está na rúa

La Voz CARBALLO / LA VOZ

MALPICA DE BERGANTIÑOS

Desde as cinco da tarde deste venres pódese escoitar nas principais plataformas dixitais

15 mares 2024 . Actualizado ás 19:58 h.

Fibra en vexa, primeiro, e Maneo de Mens, despois, foron os dous temas cos que a banda Arredores veu anunciando estas últimas semanas o lanzamento do que sería o seu primeiro disco, Ecdise. Pois ben, desde as cinco da tarde deste venres, ese disco xa se pode escoitar nas principais plataformas dixitais. O físico anda «non forno» e tardará uns días máis, pero quen o desexe poden solicitar o seu —ou os seus— a través do correo arredoresmusic\gmail.com.

Ademais de Fibra en vexa e Maneo de Mens, forman parte deste primeiro disco as pezas Bailando co mar, Plenilunio, Limiñoa, Atalaia, Ribeirana de Cerqueda, Muiñeira vella, Ortigueira e Punteada de Cerqueda. Claras alusións a unha terra coa que todos teñen forte vínculo, empezando, no caso de Cerqueda, pola voz do grupo, Icía Varela. Xunto a ela integran a formación Lucas Rama (Baio), Ismael Marcos Cives (Sada), Brian Rodríguez Pardiñas (Vimianzo) e Andrés R. Boutureira (Guísamo).

 
 
 
Ver esta publicación en Instagram

Unha publicación compartida de Arredores (\arredores_)

Tomando como base a tradición, dan ás coplas un estilo moi particular e fresco, o mesmo que empregaron para comunicar en redes o lanzamento deste traballo. Non fan fincapé nas horas de entrega, que as houbo e moitas, senón no tempo que tiveron para «cantar, rir, bailar, tocar, dar concertos, desvariar e ter ideas loucas». Ecdise é un retrato de Arredores, do que son e do que fan.