Icía Varela representará a Galicia no festival Celtic Connections de Glasgow

Patricia Blanco
P. Blanco CARBALLO / LA VOZ

MALPICA DE BERGANTIÑOS

BASILIO BELLO

A malpicá, de Cerqueda, declárase «orgullosisima»: «É toda unha responsabilidade», asegura

09 novs 2023 . Actualizado ás 19:18 h.

O Celtic Connections é o maior festival de música de Escocia , celébrase é Glasgow e é o máis importante punto de encontro de músicas (e nacións) celtas. É ata alí viaxase a malpicá —de Cerqueda— Icía Varela, única representante de Galicia. Por Asturias, Rubén Bada e José Manuel Tejedor, por exemplo. «É unha responsabilidade», comenta Icía, que aínda que aínda está centrada nos traballos máis inmediatos, declárase «orgullosísima». Coa «marabillosa» experiencia vivida este pasado verán no Festival de Lorient , e superada ademais con éxito, explica que serán o mesmo grupo e espectáculo: «Coñecémonos xa, hai feeling musical». Icía representará a Galicia, pero representará tamén á súa aldea, «humilde, pequena, pero moi grande». Levará unha peza recollida en Cerqueda a Dolores de Martiño: «Que se escoite por Europa adiante é un orgullo para min, para a parroquia, para o mundo». Cousas da tecnoloxía, a súa iPhone rexistrou o audio automaticamente como Camiño de Cerqueda, e así quedou xa o título en Lorient, onde Varela se sorprendeu do valor que fóra se lle dá á tradición musical galega, á súa esencia: «Estou acompañada dun baixista e dun percusionista, pero dánlle 100 % protagonismo á voz e á pandeireta, venlle tanta potencia que non consideran preciso que haxa moito acompañamento musical», reflexiona. O seu gran día será o 25 de xaneiro. Quedan algo máis de dous meses.