Laxe busca os ovos de Pascua máis creativos

La Voz CARBALLO / LA VOZ

LAXE

MONICA IRAGO

O Concello lanza a cuarta edición dun concurso para nenos de 3 a 12 anos

20 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

A concellaría de Comercio, Hostalaría, Turismo e Cultura de Laxe ten en marcha un novo concurso, nesta ocasión un certame creativo de ovos de Pascua, dirixido a nenos de 3 a 12 anos. A convocatoria vai xa pola súa cuarta edición e as bases hanse publicado na web municipal, con prazo de presentación desde onte mesmo ata o 2 de abril. Ese día abrirase un prazo para votacións a través do Facebook e WhatsApp municipal. Os tres debuxos máis valorados levarán un «grande ovo» de chocolate.