Natali Asorey: «O papel fundamental da muller como coidadora segue sen valorarse»

Marta López CARBALLO / LA VOZ

LAXE

Ana Garcia

Día da Muller | Testemuños | Asorey é a responsable do centro de formación Colaxe e a coordinadora dunha cooperativa de mulleres no sector dos coidados

09 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Afincada en Laxe e responsable do centro de formación Colaxe, Natali Asorey é tamén a coordinadora da primeira cooperativa de mulleres no sector dos coidados, un grupo de emprendedoras que está detrás de once das Casas do Maior que están repartidas por toda a comarca.

O proxecto, explica Natalia, xa superou esa fase inicial de descoñecemento e xa non son elas as que van tocar á porta dos concellos para venderlles as súas ideas, senón á inversa. Por agora dispoñen de dous en Camariñas , Mazaricos e Laxe; tres en Coristanco , unha en Ponteceso e outra en Cee , e aínda que terían capacidade para 55 usuarios en total, a burocracia e a lentitude da Administración á hora de outorgar as prazas por medio de Dependencia fai que estean ao 70 %, a pesar de ter lista de espera. A idea, di, é seguir crecendo: «Cantas máis sexamos, mellor. Conseguimos prestar un servizo que era necesario no rural e que mulleres como nós poidamos REVISAR conciliar e exercer do que nos gusta sen marcharnos da nosa contorna».

Por este 8 de Marzo quixeron implicar aos seus maiores para reivindicar que a igualdade non entende de idade e que o papel das mulleres como coidadoras «é fundamental e segue sen valorarse», explica Natali.