Unha viaxe de autor polo Camiño, entre arte, historia e un pouco de misterio con remate en Fisterra

La Voz CARBALLO / LA VOZ

FISTERRA

ANA GARCÍA

Unha vintena de persoas de varios países de América percorren o Camiño guiados por Juan Jesús Vallejo

26 abr 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Unha vintena de viaxeiros procedentes de América chegaron onte ao Cabo Fisterra como punto final a doce días e once noites desde Pamplona polo Camiño. Algo que cada ano realizan decenas de miles de persoas, pero non coas particularidades desta aventura.

ANA GARCÍA

É unha viaxe de autor, guiados por Juan Jesús Vallejo, colombiano que xa realizou iniciativas similares por Exipto , Romanía, México e outros puntos do mundo. Vallejo, ademais, é un veterano e recoñecido xornalista, escritor e documentalista, especializado en cuestións de misterio.

En España traballou en 19 documentais para TVE, ademais de colaboracións coa Ser, informativos de Antena 3, Cuarto milenio e Milenio 3... En Radio Caracol de Colombia dirixe Noite de Misterio, un programa que se pode escoitar nas principais plataformas de pódcast, ademais das canles habituais (Youtube, Spotify...), e as reproducións se contas por millóns.

ANA GARCÍA

Nesta viaxe, os expedicionarios proceden dos Estados Unidos, Porto Rico, Colombia, México ou a illa caribeña de San Martín. Todos eles se empaparon de arte, sobre todo gótico e románico, da maxia deste camiño centenario, das catedrais, os templarios leoneses e, en Fisterra, da Ara Solis e da enorme importancia deste enclave.