Unha cuadrilla de Coristanco abate 12 xabarís na penúltima fin de semana de caza

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CORISTANCO

MONTEIROS DO REFUXIO

Participaron fundamentalmente cazadores de , Monteiros do Refugiopero tamén se uniron compañeiros de Vimianzo ou Val do Dubra

19 feb 2024 . Actualizado ás 19:05 h.

Numerosos cazadores da cuadrilla coristanquesa Monteiros do Refugio, xunto a compañeiros chegados de localidades próximas como Vimianzo ou Val do Dubra, protagonizaron a pasada fin de semana unha prolífica batida con doce xabarís capturados en terreos de Carballo.

Acompañados por veciños da zona que lles proporcionaron información sobre as áreas que percorreron, foron certamente hábiles no que foi a penúltima fin de semana de caza maior. Á espera do que suceda este domingo, última xornada na que se poderá practicar esta disciplina, a cuadrilla leva sobre 70 xabarís abatidos esta tempada, en diferentes cotos.