«Temos preparado un circuíto bastante técnico»

ramón rivera CARBALLO / LA VOZ

CORISTANCO

A parroquia de Seavia acollerá mañá unha rechamante proba de enduro

17 novs 2012 . Actualizado ás 07:00 h.

Carlos castro Puga organizador do Enduro de resistencia de coristanco

-Non é moito tempo sobre a moto?

-É duro, porque son dúas horas seguidas, pero os pilotos de enduro estamos acostumados a carreiras de cinco ou seis horas, así que catro fanse ben. Gastamos uns 20 litros de gasolina por moto.

-Cantos pilotos competirán?

-O prazo para anotarse aínda no está pechado, porque os que queiran participar poderán facelo ata o mesmo día da proba. Por agora temos confirmados uns vinte pilotos, pero confíamos en chegar ata os 30.

-Hai algún destacado?

-En categoría individual destaca o laxense Dani Carracedo, un piloto moi coñecido na Costa da Morte, e por parellas Xacob Agra e Fonsi.

-O espectáculo está asegurado.

-Iso queremos e esperamos que o día acompañe. Temos preparado un circuíto bastante técnico, de entre 5,30 e 6 minutos, bonito para os pilotos e para o público, para que todos poidamos gozar durante a mañá do domingo.

-Que pasará se chove?

-Puxemos unha carpa e o Concello de Coristanco botounos unha man en todo o posible. Temos que agradecerllo tamén ás casas comerciais que nos axudaron. Puxéronnos unha carpa grande por se chove, para que poidamos usala como garaxes e para que o público poida ver a carreira sen mollarse.

-Custou traballo convencer aos patrocinadores?

-Non. Quedamos sorprendidos das facilidades que nos deron. Contabamos con máis problemas, pero puxéronnolo bastante doado, igual que dende o Concello.